lunes, 12 de octubre de 2009

CADUCAS sala X Potevedra


Sala X de Bellas Artes Autor de la imagen: RAMÓN LEIRO

Paco Peregrino propón unha experiencia onírica coa instalación "Caducas"
Unha singular instalación escultórica a base de follas secas, obra do artista Paco Peregrino, inaugura este xoves, ás 20.00 horas, o novo curso na programación da Sala X.
O paso do tempo e o concepto de “intimidade colectiva”Formado na Facultade de Belas Artes, en 2008 rematou a licenciatura e actualmente realiza o seu doutoramento. O paso do tempo e o sentir da vida e a súa influenza nos comportamentos sociais son os aspectos que máis lle interesan a este artista e é unha das vías cara ás que quere dirixir o seu traballo. Outro aspecto que centra a súa atención é “o concepto de intimidade colectiva”. E é que, aínda que poida parecer unha contradición, Peregrino explica como “existen sensacións que todos podemos experimentar e comportarnos ante elas dun xeito similar porque nelas subxace a convivencia social”. Considérase un “personaxe multidisciplinar” que ademais da escultura tamén exerce outras disciplinas como a videocreación e afirma que “é necesaria unha reflexión sobre a verdadeira función da arte e do artista na sociedade actual” por iso o que máis lle interesa é “conseguir experiencias artísticas satisfactorias e non tanto xerar unha coherencia artística pola que ser recoñecido”. Por Camino Carballeira. DUVI: Diario de la Universidad de Vigo

No hay comentarios:

Publicar un comentario